O Laxeiro, subcampión do Parlamento xove 2014

Subcampiós Parlamento Xove 2014

O 26 de abril tivo lugar no Parlamento de Galicia a fase final do Parlamento Xove 2014, para a que se clasificaron os dous equipos do IES Laxeiro, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

Os dous equipos volveron ter unha magnífica actuación. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas proclamouse subcampión nunha final moi axustada.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final.

Un novo éxito para engadir ao historial: campións en 2010, subcampións en 2011, campións en 2012 e semifinalistas en 2013.

Viaxe Fin de curso 4º de ESO

Viaxe a Paris - 4º ESO 2014Do 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de  fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.

 

"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor.

 Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.

 

Resolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.Laxeiro

Publicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual.  Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese.

- Listados coa baremación onde foi necesaria

- Admisión provisional

- Período de reclamacións

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2014

Comunicamos que no DOG nº 47 do día 10 de marzo de 2014 aparece a Orde do 5 de marzo  pola que se convocan as probas de acceso á Ciclos Medios e Superiores correspondentes ao ano 2014.

 

Lugar e instruccións da proba de acceso a Ciclos Superiore

Calendario das Probas

Solictude de inscripción para Ciclo Medio

Solicitude de inscripción para Ciclo Superior

Éxito absoluto do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014

logopx

Os dous equipos do IES Laxeiro que participaron na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014 celebrada o 15 de febreiro na Coruña clasificáronse para a fase final, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC: Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas, clasifícouse en primeiro lugar, cos tres debates gañados e 98,50 puntos.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC: Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, clasifícouse en segundo lugar, cos tres debates gañados e 95,75 puntos.

Podedes consultar aquí os resultados.

Os dous equipos pasan á fase final que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 25 e 26 de abril.

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

Distribuir contido