Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2019-2020

Desde o luns, día 24 de xuño, ata o martes , día 2 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2019-2020. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño).

Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 24 de xuño ata o 4 de outubro.

¡¡¡¡¡Atención!!!!!! .- NOVIDADE: Este ano non haberá periodo extraordinario de presentación de solicitudes para Ciclos Superiores, en calquera réxime, debido ao adianto da convocatoria de avaliación extraordinaria de Bacharelato. Todo o alumnado estará en disposición de participar no período ordinario de admisión a ciclos FP.

               RECORDADE: A admisión a Ciclos Superiores só é ordinaria: 24 de xuño a 2 de xullo

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde  tendes os seguintes arquivos:

Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2019-2020

Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso)

Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos  ou módulos liberados

Impreso matrícula ou renuncia

Información réxime ordinario

Instrucións xerais de admisión

Instrucións solicitude Web