O Día da Ciencia en Galego no IES Laxeiro

No noso centro, o pasado luns 5 de novembro, o noso alumnado enfundou a bata branca e convertíronse en aunténticos científicos e divulgadores.
No mes de novembro, dende hai 8 anos, comezamos a celebrar o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Foi o que fixeron o luns pasado no noso centro unha parte do noso alumnado, fixeron experimentos científicos no Salón de Actos do centro. Arredor de trinta estudantes da ESO e de FP encrgáronse de levar a cabo os traballos, mentras que o resto da comunidade educativa tivo a ocasión de comprobar o seu desenvolvemento ao longo da xornada lectiva, con visitas nas que tamén puderon practicar algúns experimentos.
Uxía Rapado González e Julliana Silva de Amorín mostraron as aplicacións do Principio de Arquímedes, un dos dous científicos aos que IGACIENCIA (Instituto Galego de Ciencia) propuxo este ano para dedicarlle o Día da Ciencia en Galego; o outro é o Mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria.
Adriana Pampín Diéguez, Íker Calvo Pérez e Sara Granja Sanmartín abordaron as deformacións da codia terrestre.
Roberto Gil, Javier Fernández González e Isabel Villar Iglesias fixeron deostracións do magnetismo con auga e bólas.
Das correntes de convección encargáronse Noa Calviño Lodeiro e Abigail González Carreto.
Da microscopía óptica, Fátima Jácome Iglesias e Clara Arias Fernández. A Expansión do fondo oceánico na dorsal foi cousa de Paula Gutiérrez, Lucía Fernández e Lorena González.
Laura Couto González, Francisco Blanco Lareu e Andrea Carballude exploraron ácidos e bases cun indicador natural.
Óliver Barriento e Andrés do Barro identificaron moléculas nos alimentos.
Ánxela Adán e Brais González Penela mostrarona formación de gases.
Lois Carral e Lucía Rodríguez Frade crearon unha "serpe negra" e Lucas Daparte, Alejandro Matanzas e Lucía Pereiro ensinaron o sistema de flotación dos submariños.
Foi unha xornada de batas blancas e experimentos moi interesantes.

 Temos un vídeo!

 

Noticia publicada no periódico "Faro de Vigo" do martes 6 de novembro de 2018; redacción realizada por Xan Salgueiro e fotografías por Javier Lalín / Bernabé.