O IES Laxeiro entre os dez mellores no ranking da ABAU

A Voz de Galicia no seu espazo A FONDO reflicte hoxe 6 de xullo a boa saúde do ensino público. Nese contexto o IES Laxeiro atópase nunha excelente posición. Desde a Dirección do IES Laxeiro amosar a nosa satisfacción polo traballo realizado e agradecer o esforzo do alumnado e profesorado, sen esquecernos da colaboración dos pais e nais como factor importante na aprendizaxe dos seus fillos e fillas.

Desde estas páxina web queremos suliñar que entre os dez primeiros centros, sete son centros públicos, un dato que ven a contrastar o traballo e o nivel que se está a acadar nestes centros, as veces tan pouco valorados e pouco defendidos socialmente.

Un dato moi importante e relevante é a mínima desviación entre as notas de bacharelato e as da propia ABAU, un feito que non acontece en todos os centros.

Noraboa a todos eses centros polo seu traballo e esforzo e a satisfacción de compartir con eles este recoñecemento.