Visita á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda (A Coruña)

O pasado xoves, día 12 de abril de 2012,  alumnado de 1º de bacharelato da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo acompañados de tres profesores, realizaron unha visita didáctica á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA no Concello de Cerceda. 


 


 


Na Central térmica de MEIRAMA tiveron a oportunidade de coñecer como funciona unha central produtora de electricidade utilizando carbón como combustible, viron maquetas e as distintas partes que forman esta central. En SOGAMA foron conscientes dos tratamentos ques e fai do lixo que se xera na maioría dos Concellos de Galicia (incluídos os da Comarca do Deza). Como vai pasando por os distintos departamentos (selección do material do contenedor amarelo, secado e preparación do material do contenedor verde, incineración deste material e producción de enerxía eléctrica asociada a esta incineración).


 O alumnado foi testigo e consciente dos malos olores que se producen neste proceso, do mal que os galegos facemos a selección do lixo en orixe e a perda que supón queimar materia orgánica (maioría da bolsa do lixo) podendo utilizarse para outros tratamentos e a cantidade de lixo que se deposita sen ningún tipo de tratamento nun vertedoiro cercano. Esta viaxe serviulles para tomar conciencia do problema do tratamento do lixo, da necesidade de colaborar todos (selección en orixe e producción moito menor de lixo) e de buscar mellores alternativas á incineración nos tratamentos do lixo, máxime coa previsión da instalación dunha incineradora preto da nosa Comarca.