Eventos
Calendario do procedemento de admisión e matrícula
Os prazos para tramitar o procedemento de admisión e formalizar a matrícula son os seguintes (referidos ao ano natural):
1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: 15 de xaneiro a 4 de febreiro
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro
3. Data do sorteo público para os efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
5. Prazo de presentación de solicitude de admisión: 1 a 20 de marzo
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
7. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio
0. Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: 23 de xuño a 7 de xullo
Disposición adicional primeira (Calendario do procedemento de admission e matrícula), ORDE21out 2022
Cómputo de prazos
Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Disposición adicional segunda (Cómputo de prazos), ORDE21out2022
NORMATIVA:
-D13/2022, 3feb, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanza de 2º ciclo de EInfantil, EPrimaria, ESO & BAC reguladas na LOE.
-ORDE21out 2022 pola que se desenvolve D13/2022, 3feb (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
DOCUMENTOS:
-RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS (ED550A).
-DOCUMENTO PARA ADMISIÓN ALUMNADO EXTERNO (ED550B).
-CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN (Domicilio familiar do alumnado ou residencia habitual na zona de influencia do centro).
-VACANTES PARA O CURSO 2023-2024.
A DIRECCIÓN
O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.
Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional.
