Eventos
Xov | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2º BACHARELATO - MAIO & XUÑO
ESO e BAC - XUÑO
FP
NORMATIVA APLICÁBEL: No relativo aos Ciclos Formativos de FP -ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións). No relativo ao resto de ensinos do centro -ORDE2mar2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en EInfantil, EPrimaria, ESO e BAC -Circular 1/2022, SXEFP, pola que se precisan aspectos da ORDE2mar2021 ... para o curso 2021-2022. -ORDE25xan2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de EPrimaria, de ESO e BAC no sistema educativo de GZ.
Start: 23/06/2022 08:58
O pasado venres 17 o alumnado de 2º de ESO realizou 12 km do "Camiño de inverno" correspondentes a etapa "Rodeiro-Lalín". A actividade organizouse desde o departamento de EF en colaboración con docentes doutras materias e dentro do programa de actividades complementarias do centro e do ERASMUS+ "21st century skills through traditional outdoor games". Deixamos algunha imaxes da actividade.
Start: 23/06/2022 09:34
Un ano máis dentro das actividades do ERASMUS+ " "21st Century Skills through Traditional Outdoor Games" contamos coa colaboración de Luis Iglesias "Luchi" para desenvolver unha xornada de Xogos Tradicionais no IES Laxeiro. Deixamos unha pequena mostra gráfica dalgúns dos xogos realizados. O procedemento de matriculación realizarase de xeito telemático mediante a aplicación que se enlaza a continuación: PRAZO: De 25 de xuño ata o 10 de xullo. ITINERARIOS QUE SE PODEN ESCOLLER (consultalos antes de realizar a matrícula) -1º ESO & 2º ESO (non se establecen itinerarios) DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR Indícanse os documentos que se deberán subir á web e como se recollerá o resto de documentación para completar o proceso de matriculación. En referencia ao pagamento do seguro escolar, e coa intención de axilizar o proceso, indícase o número de conta e os posíbeis medios de pagamento.
CASUÍSTICA PARA 1º ESO Seralle solicitada a seguinte documentación aos centros adscritos ou de procedencia do alumnado: -‘Boletíns de cualificacións’ e/ou copia do ‘Historial académico’. -Fotocopia de DNI e TARXETA SANITARIA. -Transporte escolar. Unha vez iniciado completarase coa seguinte documentación: -Autorización GoogleClassroom. -Autorización uso de imaxes. -Dúas fotos actualizadas ‘tamaño carnet’. -Autorización saídas actividades na vila de Lalín. -Acreditación de estado físico. -Documento DAFIS. IMPORTANTE: O alumnado do centro NON precisa subir as súas cualificacións. O alumnado novo SI debe facelo. |
