Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro dixital

Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

 

Miguelanxo Prado acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Cómic do 2013, premio outorgado polo Ministerio de Cultura cun dotación de 20.000 € e o recoñecemento que iso significa. A súa obra Ardalén foi a merecedora desta distinción, pero tamén é un premio que recoñece tantos anos de traballo dedicados á banda deseñada.

Cremos que esta é unha boa ocasión para que vos animedes a ler ou reler as súas obras. Tedes moitas delas na biblioteca e tamén información sobre o autor e a súa obra nestas ligazóns: unha reseña de Ardalén escrita por Agustín Fernández Paz ou nesta noticia da TVE ou na entrevista de VTelevisión.

Recitando Celso Emilio

Ano de Celso Emilio Ferreiro, ano 2012.

O ano 2012 estivo dedicado ao autor Celso Emilio Ferreiro e imos participar na actividade colaborativa "RecitandoCelsoEmilio" que convoca a Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística (CGENLG). 

Aquí vos deixamos o enlace ao poema "Deitado frente ao mar" que é o escollido para facermos o recitado colectivo o día 12 de decembro de 2012 ás 12 horas. Animádevos a participar!!

Se queredes ler máis poemas do autor, podedes facelo nesta selección. E se queredes consultar os seus libros tedes estes na biblioteca, así como esta boa colección de documentos sobre Celso Emilio que foron emitidos pola TVG, o último, "100%CEF".

Visita de César Cambeiro

Durante as Xornadas Culturais tivemos a visita de César Cambeiro, coñecido actor carnotán a quen lle agradecemos a súa colaboración co noso centro.

Se queredes saber algo máis del, aquí vos deixamos esta pequena presentación:

Antroido 2012

O Antroido celébrase o venres 17 nas últimas tres horas de clase.

Entroido en Lamas

 

 

 

 

 

Non son lectivos o luns 21, o martes 22 e o mércores 23.

Día escolar da Paz - 2012

O 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar pola Paz e a Non Violencia e, desde a biblioteca, queremos animarvos a participar de novo nesta celebración.

Convocamos un CONCURSO DE CARTEIS POLA PAZ no que toda a comunidade educativa puido participar. Logo do fallo colgamos aquí os carteis.

Se queredes máis información, podedes consultar a páxina do Seminario Galego da Educación para a Paz.

No blog da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia tedes unha relación de materiais seleccionados por distintas bibliotecas galegas. Impresionante tamén a recompilación de materiais que nos ofrece Asunción desde o CEIP de Mazaricos.

Graciñas a todas estas persoas que comparten o seu traballo!

Días non lectivos en decembro

O 5 de decembro é un dos días non lectivos do IES Lamas de Castelo (o outro será o 18 de maio). O 6 e o 8 son festivos oficiais, polo que nesa semana só son lectivos o mércores 7 e o venres 9.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro 2011

Este venres 25 conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  Haberá unha sesión de traballo na biblioteca a 2ª hora para 2º de ESO e a 3ª hora para 1º da ESO.

Maio

  • Semana do 2 ao 6: Xornadas culturais
  • Mércores 11: Encontro co ilustrador Anxo Fariña (1º e 2º)

Abril

  • Luns 4 á tarde no Concello: Concerto pro-excursión de 4º
  • Martes 5: Visita a Ponteceso (1º e 2º)
  • Domingo 10 a  Xoves 14: Viaxe de 4º a Berlín

Marzo

  • Martes 1, 4º hora: Día da Poesía
  • Venres 4: Antroido no instituto
  • Luns 7 a mércores 9: Antroido
Distribuir contido


by Dr. Radut