Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro

Convocatoria de axudas para participar nun programa de inmersión lingüística organizado polo MEC

No BOE do 13 de febreiro convócanse axudas para asistir a colonias cuxas actividades se desenvolven totalmente en lingua inglesa nalgún lugar de España para alumnos de 1º da ESO.

Actividades de inmersión lingüística no verán

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou 3.700 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no Reino Unido, Irelanda e Francia. Esta convocatoria vai dirixida a alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que aprobasen a lingua estranxeira no curso 2006-2007e que non teñan outras axudas similares durante este curso. Para 1º da ESO hai 500 prazas en España.

A duración da estancia no estranxeiro será de 3 semanas. O custo por curso para a familia é de só 100€, xa que a Consellería financia os gastos completos da viaxe, monitor/es acompañantes, gastos de docencia (de 15 a 20 horas semanais) e materiais, actividades complementarias (culturais, deportivas...), gastos de mantenza e aloxamento, certificado de realización da actividade e seguro.

Necesitaredes o código do noso centro, que é o 15027885.

Distribuir contido


by Dr. Radut