Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17

Segundo a instrución 4/2016, do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2016/17.

As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do 10 de xuño. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.

RESOLUCIÓN

Por resolución do 21 de xullo, adxudícaselle o servizo a SILMER S.C.

Charlas informativas sobre o próximo curso

 Charlas informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado do IES Lamas de Castelo e impartidas pola orientadora do instituto:

DATA

HORA

DESTINATARIOS

INFORMACIÓN

02-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 6º de E.P.

A nova etapa da ESO: materias en 1º da ESO, elección de optativas.

07-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 2º da ESO

Cambios coa nova lei LOMCE en 3º da ESO: Matemáticas Aplicadas ou Matemáticas Académicas, optatividade.

07-06-2016

17:10

Pais/nais do alumnado de 3º da ESO

Cambios coa nova Lei LOMCE en 4º da ESO: elección de itinerarios ofertados no IES Lamas de Castelo, elección de optativas.

14-06-2016

16:30

Pais/nais do alumnado de 4º da ESO

Opcións ao rematar a ESO: Bacharelato LOMCE, oferta de Ciclos Formativos de grao medio na zona.

XORNADAS CULTURAIS - LETRAS GALEGAS

Como cada ano, celebramos no centro as "Xornadas Culturais". Aquí vos deixamos todo o que fixemos:

PROGRAMA

Saída cultural a Lugo

O 2 de febreiro todos os grupos participan nunha viaxe a Lugo. Á mañá visitan a cidade cunha guía turística e despois divídense en dous grupos; 1º e 2º van ao parque zoolóxico de Marcelle e 3º e 4º á casa-museo Manuel María, eu Outeiro de Rei.

Actividades do Departamento de Orientación no 2º trimestre para o alumnado

OBRADOIROS

CURSO

DATAS

HORARIO

IMPARTIDO POR

Obradoiro de prevención do consumo de drogas (non incluído na proposta de actividades)

3º ESO

23 de febreiro

25 de febreiro

9.30 a 11.10

11.40 a 13.20

Cruz Vermella de Vimianzo

Obradoiro de habilidades sociais

1º ESO

11 de marzo

13.20 a 14.10

Centro de Información á Muller de Muros

Escola de pais: Os/as cativos xa son adolescentes

O 8 de marzo haberá unha charla para as familias sobre a etapa da adolescencia centrada en estratexias para a redución de conflitos. Terá lugar a partir das 17.00.

Esta charla será impartida pola psicóloga Begoña Rial.

Entroido 2016

A celebración do Entroido deste ano tivo lugar o mércores 3 de febreiro, con actividades a partir do recreo.

No concurso de comparsas resultaron gañadoras:

  • 1º premio: 3º de ESO
  • 2º premio: 4º de ESO

Recibiron mencións especiais Miguel de 4º e Ángel de 3º.


Son festivos o luns 8, o martes 9 e o mércores 10.

Viaxe a Roma, febreiro de 2016

O grupo de 3º realizará unha viaxe a Roma entre o 8 e o 12 de febreiro. Máis información.

Distribuir contido