Charla riscos internet

O pasado martes 26 de de marzo, o alumnado de 2º e 3º de ESO recibiu unha charla sobre internet e as redes sociais, a cal foi impartida recentemente tamén ás familias.

Dita charla forma parte do Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros eductivos.

Esperamos que os seus consellos axuden a concienciar ao alumnado sobre a importancia de facer un uso responsable das redes sociais.

Taller habilidades sociais

Empatía, automotivación, autocontrol, autocoñecemento, autoestima, etc. Foron algunhas das cuestións abordadas hoxe no taller sobre "habilidades sociais" impartido por Julia e Mary do CIM de Muros e que tivo como destinatarios/as ao alumnado de 1º de ESO.

Charla programa A Ponte entre o ensino medio e a USC

Onte visitounos Javier López, coordinador do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC, para informar aos nosos/as alumnos/as sobre os estudos universitarios.

O programa leva en funcionamento desde o curso 2003/2004 e pretende dar a coñecer a oferta académica e o contexto investigador, social e cultural da Universidade.

Moitas grazas Javier polas túas orientacións!

Entroido 2019

O pasado venres 1 de marzo durante as tres últimas horas lectivas celebrouse o festival de entroido no IES Lamas de Castelo.

A participación do alumnado foi por grupos, representando á súa clase. A comparsa gañadora foi 4º de ESO "Tribo 3.0".

O profesorado tamén se disfrazou e degustamos orellas.

         

Publicación de vacantes de alumnado 2019/20

Publicamos as vacantes de alumnado para o vindeiro curso 2019/20. Pódese consultar no arquivo adxunto.

Vacantes alumnado curso 2019/20

 

Riscos de internet. Que debemos saber como pais/nais

Foi a do luns 25 unha xornada moi completa!

Pola tarde, levouse a cabo a segunda charla ás familias que foi organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos.

Moitas grazas pola vosa asistencia.

Estade atentos/as que xa estamos preparando a seguinte.

Recital de poesía

O luns 25 de febreiro tivo lugar o recital poético conmemorando o Día da Poesía: Día de Rosalía.

Como novidade, cómpre destacar que estiveron presentes e tamén recitando representantes do Concello de Carnota. Foron a concellala de Cultura, Alianza Uhía e as encargadas de Normalización lingüística e bibliotecaria, Luisa Beiro e Noemí Abajo.

Comezouse coa lectura do Manifesto de Ana Romaní para a AELG. Este ano tamén recitamos en latín e portugués!

Grazas a todos e a todas por participar.

Saída cultural

   

O pasado mércores 13 de febreiro todo o alumnado do IES Lamas de Castelo foi visitar Santiago de Compostela e arredores en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Literatura, Educación Plástica e Visual, Xeografía e Historia, Relixión Católica e Matemáticas.

Cada curso tiña organizado unha serie de visitas:

1º ESO

  1. Museo do Pobo Galego
  2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea - Sede Afundación
  3. Exposición "Homo Sapiens, transmisor de coñecemento" - Museo Pedagóxico de Galicia

2º ESO

  1. Museo do Pobo Galego
  2. Pórtico da Gloria
  3. Roteiro matemático

3º ESO

  1. Adega Valdés
  2. Pórtico da Gloria
  3. Exposición: "Castelao maxistral. A derradeira leición do mestre" - Cidade da Cultura

4ºESO

  1. Adega Valdés
  2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea - Sede Afundación
  3. Exposición: "Castelao maxistral. A derradeira leición do mestre" - Cidade da Cultura

                                      

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Nas seguintes ligazóns, podedes consultar cuestións como:

Para máis información, consultade a páxina da Consellería www.edu.xunta.es/fp/probas ou pasade polo Departamento de Orientación do noso centro.

I'll be watching you (hei estar vixiándote)

O pasado xoves 17 de xaneiro todo o alumnado asistiu a un espectáculo-concerto dado pola «Orquestra Chévere» no Concello de Carnota coa representación da Obra I'll be watching you (hei estar vixiándote).

Dita actividade foi concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade para a prevención da violencia de xénero.

Distribuir contido