Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO 2022

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 30 de setembro de 2022) realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

  • O director ou directora do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor ou titora legal
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme establece na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 11.30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

MAGOSTO 2022

Continuamos un ano máis cos xogos tradicionais no noso súper magosto!

 

Anuncio do inicio do proceso de elección de membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo 2022

A resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Este curso o único sector da comunidade educativa que cómpre renovar é o do profesorado.

As eleccións realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. A data exacta será decidida pola Xunta Electoral, que se constituirá entre o 2 e o 8 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.

Os membros da Xunta Electoral serán elixidos en sorteo público.

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar. Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

As familias poden recoller o vale de 25€ a partir de hoxe 17 de outubro de 2022.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

 

Para ver a Resolución do 5 de outubro de 2022 pinche aquí.

Reunión titorías

A primeira reunión das familias cos titores terá lugar o próximo luns 19 de setembro no seguinte horario:

1º de ESO: ás 18:15 na aula de 1º de ESO.

2º de ESO: ás 18:15 na aula de 2º de ESO.

3º de ESO: ás 19:15 na aula de 3º de ESO.

4º de ESO: ás 19:15 na aula de 4º de ESO.

Comezo das clases

O próximo xoves 8 de setembro comeza o novo curso escolar. O horario será o habitual: todas as mañás de 8:40 a 14:10, e os luns pola tarde de 16:20 a 18:00. 

Atención ao público durante o mes de agosto

Informamos de que o centro mantense pechado durante o mes de agosto. Calquera solicitude ou comunicación que desexen realizar durante este mes poden facela enviando un correo á dirección ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal

 

Materiais curriculares curso 2022/23

Neste enlace pode consultar os materiais curriculares do alumnado para o curso 2021/22.

AdxuntoTamaño
Materiais curriculares 22 23.pdf475.3 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut