Folga xeral no ensino do 21 de xaneiro

A Plataforma Queremos Galego convocou unha folga xeral o xoves 21 de xaneiro contra as Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. En relación a isto comunícase o seguinte:

  1. O alumnado da ESO non pode participar nunha folga. As ausencias que se produzan serán
    comunicadas ás familias polo procedemento habitual e deberanse xustificar como calquera outra.

  2. Entre o profesorado prevese unha participación dun 50%. O centro manterá os servizos esenciais, entre os que se atopan a educación e a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, e xa se artellaron as medidas necesarias para garantilos.

  3. O servizo de autobuses funcionará con normalidade.

Viaxe a Madrid dos días 21 e 22 de xaneiro

Reunión informativa: Martes 19 ás 18.05 na biblioteca.

Duración: 21-23 de xaneiro.
Hora de saída: o xoves 21 ás 05:30 horas.
Hora de regreso: o sábado 23 sobre 02:30 horas (noite do venres). O alumnado sairá do instituto e regresará a el. Os pais serán os encargados de trasladar os seus fillos ata o instituto e de recollelos igualmente no regreso.
Prezo da viaxe: 130 € (non inclúe o almorzo do primeiro día e a cea do último)
Número do móbil do IES Lamas de Castelo: 677606862

ITINERARIO

Xoves, 21 de xaneiro
Saída ás 05.30 do IES.

  • Chegada a Madrid aproximadamente para o xantar.
  • Visita guiada pola cidade durante a tarde (1 hora a pé e 1 hora en autobús)
  • 20.00 horas: Musical Grease.
  • Cea e aloxamento nun complexo de bungalows.

Venres, 22 de xaneiro

INFORMACIÓN IMPORTANTE

  • O alumnado deberá levar consigo o DNI e a tarxeta sanitaria.
  • Recomendamos que leven roupa de abrigo e calzado cómodo, sobre todo para o primeiro día.
  • Sería conveniente que os alumnos e alumnas levasen o almorzo e algo de comida por se non houbera tempo para conseguir as merendas ou por se non lle gustara algún dos menús incluídos no prezo da viaxe.
  • O móbil do instituto estará activo durante a viaxe por se os pais queren recibir información adicional e por se desexan confirmar coa profesora a hora exacta de chegada ao instituto (pregamos que contacten tanto cos seus fillos coma neste móbil a partires das 23.00 horas do día de regreso para confirmar con máis exactitude dita hora).

NORMAS PARA O ALUMNADO

  • Esta viaxe e todas as actividades organizadas durante a mesma implican unha boa actitude individual e de grupo na que a puntualidade, a responsabilidade e o bo comportamento, especialmente nas visitas guiadas, serán normas básicas a cumprir. De non ser así, as profesoras tomarán as medidas pertinentes de sanción.
  • É unha viaxe organizada xunto co IES Fontexería de Muros do cal viaxan 37 alumnos/as (dos grupos de 3º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato) e tres profesoras acompañantes.

Cancelación das clases o mércores 16 de decembro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase por causa da predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

As clases recomezarán con normalidade o xoves 17. O alumnado que tivese algún exame programado para mañá deberá vir preparado o xoves para facelo no horario que se decida ese mesmo día (o que inclúe traer o material específico daquelas materias que o requiran).

Os días 7 e 8 de decembro son festivos

O luns 7 e o martes 8 de decembro son festivos, polo que non haberá clases.

Novo procedemento de notificación mediante mensaxes a móbiles

Nos próximos días comezaremos a utilizar un sistema de notificación ás familias mediante o envío de mensaxes de texto aos teléfonos móbiles. Mediante este procedemento pretendemos mellorar a comunicación das incidencias que se produzan, pois na actualidade moitas chamadas telefónicas non son respondidas e desta maneira a mensaxe poderase consultar máis tarde e quedará constancia escrita.

Nun primeiro momento, as comunicacións referiranse ás ausencias. Debemos recordar tamén que, coa aplicación do protocolo de prevención da gripe A posto en marcha este ano, enos necesario saber se as ausencias se producen por esta causa. Neste caso, deben chamarnos para facérnolo saber, dado que nós debemos informar diariamente á Consellería de Sanidade. O procedemento que se estableceu para isto coincide co que no instituto comezamos a utilizar durante o curso pasado para as ausencias normais e seguirá igual mesmo despois de que remate esta situación de alerta, mellorado agora co sistema de comunicación mediante mensaxes de texto.

Posteriormente iremos engadindo notificacións doutro tipo, como, por exemplo, académico. Convén recordar que, no caso concreto de suspensión de actividades por causas maiores, como pode ser un temporal, a responsabilidade recae exclusivamente sobre o director do instituto. Tanto na situación de que este o decida polas circunstancias locais, como de que se ordene desde a Consellería de Educación, a notificación aparecerá sempre no sitio web do instituto e, a partir de agora, comunicarase tamén mediante unha mensaxe de texto aos teléfonos móbiles. Debido á
limitación destes textos, recoméndase consultar sempre a páxina web por se contén información adicional.

As mensaxes que reciban terán como remitente o instituto. Para poñerse en contacto poden chamar ao 981 760667.

O xoves 3 de decembro enviaremos unha mensaxe de proba. Con ela pretendemos asegurarnos de que as notificacións se envían aos números adecuados. Se a recibe non ten que facer nada, a non ser que queira solicitar que teñamos en conta algunha situación particular, como, por exemplo, que desexe que se envíe a dous números de teléfono. Se non a recibe, póñase en contacto con nós a partir do venres 4.

Nos casos en que non dispoñamos dun teléfono móbil ao que enviar as mensaxes, continuaremos chamando ao número fixo, como até agora.

Avaliación diagnóstica - Mércores 21 de outubro

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), prevé a realización dunha avaliación de diagnóstico que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Pola súa parte, o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, determina a realización deste proceso avaliativo. Esta avaliación versa sobre as competencias básicas do alumnado e debe dar lugar a compromisos de revisión e mellora a partir dos resultados que dela se obteñan.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, a avaliación diagnóstica será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado.

Esta proba terá lugar en todos os centros educativos da comunidade autónoma que impartan ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria e debe ser realizada por todo o alumnado destes niveis.

Excepcionalmente, a realización da proba da avaliación diagnóstica correspondente ao curso 2008-2009, terá lugar o día 21 de outubro de 2009. As competencias básicas obxecto de avaliación serán a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. O alumnado que realizará a proba será o que cursou 2º de ESO o curso pasado, isto é, o que está en 3º este ano, pero non repite, e o que permanece en 2º.

As familias recibirán tamén un cuestionario de carácter confidencial que deberán entregar o día 21.

Os centros educativos, con base na información contida nos informes de resultados, serán os encargados de informar as familias do resultado destas probas, que inclúen a media global da comunidade en cada unha das competencias avaliadas, xunto coa puntuación acadada polo centro. Ademais, achegarase información sobre a puntuación obtida en relación cos demais centros das súas características segundo o seu índice de desenvolvemento socioeconómico e cultural. En ningún caso se dará información desagregada por grupo ou alumnado individualmente.

Os días 12 e 13 non son lectivos

O luns 12 e o martes 13 de outubro non son lectivos. O 12 é O Pilar e o 13 é festivo local.

Información sobre o novo virus da Gripe A(H1N1)

A Consellería de Sanidade creou un portal de internet con información sobre o novo virus da Gripe A(H1N1).

En relación cos centros educativos, recoméndase permanecer abertos durante a epidemia, mesmo cando aparezan casos de gripe, e non atrasar o inicio do curso escolar.

O 11 de setembro a Consellería de Educación publicou un protocolo de actuación nos centros educativos.

Tamén hai un documento con información xeral.

O 14 de setembro este instituto publicou o seu protocolo de actuación.

Materiais curriculares para o curso 2009/10

Os libros de texto serán proporcionados neste centro a todo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cando comecen as clases. O alumnado só terá que adquirir pola súa conta os materiais adicionais das materias nas que se matricule.

Listaxes de materiais para:

Libros de texto

Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010 e correción de erros.

 

Membros do Consello Escolar. Curso 2016/17

Consello Escolar

Profesorado (2+Director)

  • Calvo Rúa, Francisco Xosé (director)
  • Rey Lago, Roberto (secretario)
  • Huerta Latrille, Renée

Alumnado (1)

  • Rodríguez Maceiras, Francisco

Pais e nais (1)

  • Lago Leis, Mª Margarita

Representante do Concello

  • Franco Caamaño, Iván

Comisión económica

  • Calvo Rúa, Francisco Xosé (director)
  • Rey Lago, Roberto (secretario)
  • Lago Leis, Mª Margarita

Observatorio de Convivencia

  • Non existe pola composición do Consello Escolar
Distribuir contido