Novo procedemento de notificación mediante mensaxes a móbiles

Nos próximos días comezaremos a utilizar un sistema de notificación ás familias mediante o envío de mensaxes de texto aos teléfonos móbiles. Mediante este procedemento pretendemos mellorar a comunicación das incidencias que se produzan, pois na actualidade moitas chamadas telefónicas non son respondidas e desta maneira a mensaxe poderase consultar máis tarde e quedará constancia escrita.

Nun primeiro momento, as comunicacións referiranse ás ausencias. Debemos recordar tamén que, coa aplicación do protocolo de prevención da gripe A posto en marcha este ano, enos necesario saber se as ausencias se producen por esta causa. Neste caso, deben chamarnos para facérnolo saber, dado que nós debemos informar diariamente á Consellería de Sanidade. O procedemento que se estableceu para isto coincide co que no instituto comezamos a utilizar durante o curso pasado para as ausencias normais e seguirá igual mesmo despois de que remate esta situación de alerta, mellorado agora co sistema de comunicación mediante mensaxes de texto.

Posteriormente iremos engadindo notificacións doutro tipo, como, por exemplo, académico. Convén recordar que, no caso concreto de suspensión de actividades por causas maiores, como pode ser un temporal, a responsabilidade recae exclusivamente sobre o director do instituto. Tanto na situación de que este o decida polas circunstancias locais, como de que se ordene desde a Consellería de Educación, a notificación aparecerá sempre no sitio web do instituto e, a partir de agora, comunicarase tamén mediante unha mensaxe de texto aos teléfonos móbiles. Debido á
limitación destes textos, recoméndase consultar sempre a páxina web por se contén información adicional.

As mensaxes que reciban terán como remitente o instituto. Para poñerse en contacto poden chamar ao 981 760667.

O xoves 3 de decembro enviaremos unha mensaxe de proba. Con ela pretendemos asegurarnos de que as notificacións se envían aos números adecuados. Se a recibe non ten que facer nada, a non ser que queira solicitar que teñamos en conta algunha situación particular, como, por exemplo, que desexe que se envíe a dous números de teléfono. Se non a recibe, póñase en contacto con nós a partir do venres 4.

Nos casos en que non dispoñamos dun teléfono móbil ao que enviar as mensaxes, continuaremos chamando ao número fixo, como até agora.

Avaliación diagnóstica - Mércores 21 de outubro

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), prevé a realización dunha avaliación de diagnóstico que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Pola súa parte, o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, determina a realización deste proceso avaliativo. Esta avaliación versa sobre as competencias básicas do alumnado e debe dar lugar a compromisos de revisión e mellora a partir dos resultados que dela se obteñan.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, a avaliación diagnóstica será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado.

Esta proba terá lugar en todos os centros educativos da comunidade autónoma que impartan ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria e debe ser realizada por todo o alumnado destes niveis.

Excepcionalmente, a realización da proba da avaliación diagnóstica correspondente ao curso 2008-2009, terá lugar o día 21 de outubro de 2009. As competencias básicas obxecto de avaliación serán a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. O alumnado que realizará a proba será o que cursou 2º de ESO o curso pasado, isto é, o que está en 3º este ano, pero non repite, e o que permanece en 2º.

As familias recibirán tamén un cuestionario de carácter confidencial que deberán entregar o día 21.

Os centros educativos, con base na información contida nos informes de resultados, serán os encargados de informar as familias do resultado destas probas, que inclúen a media global da comunidade en cada unha das competencias avaliadas, xunto coa puntuación acadada polo centro. Ademais, achegarase información sobre a puntuación obtida en relación cos demais centros das súas características segundo o seu índice de desenvolvemento socioeconómico e cultural. En ningún caso se dará información desagregada por grupo ou alumnado individualmente.

Os días 12 e 13 non son lectivos

O luns 12 e o martes 13 de outubro non son lectivos. O 12 é O Pilar e o 13 é festivo local.

Información sobre o novo virus da Gripe A(H1N1)

A Consellería de Sanidade creou un portal de internet con información sobre o novo virus da Gripe A(H1N1).

En relación cos centros educativos, recoméndase permanecer abertos durante a epidemia, mesmo cando aparezan casos de gripe, e non atrasar o inicio do curso escolar.

O 11 de setembro a Consellería de Educación publicou un protocolo de actuación nos centros educativos.

Tamén hai un documento con información xeral.

O 14 de setembro este instituto publicou o seu protocolo de actuación.

Materiais curriculares para o curso 2009/10

Os libros de texto serán proporcionados neste centro a todo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cando comecen as clases. O alumnado só terá que adquirir pola súa conta os materiais adicionais das materias nas que se matricule.

Listaxes de materiais para:

Libros de texto

Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010 e correción de erros.

 

Membros do Consello Escolar. Curso 2016/17

Consello Escolar

Profesorado (2+Director)

  • Calvo Rúa, Francisco Xosé (director)
  • Rey Lago, Roberto (secretario)
  • Huerta Latrille, Renée

Alumnado (1)

  • Rodríguez Maceiras, Francisco

Pais e nais (1)

  • Lago Leis, Mª Margarita

Representante do Concello

  • Franco Caamaño, Iván

Comisión económica

  • Calvo Rúa, Francisco Xosé (director)
  • Rey Lago, Roberto (secretario)
  • Lago Leis, Mª Margarita

Observatorio de Convivencia

  • Non existe pola composición do Consello Escolar
Distribuir contido