Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




25N

 

Marabilloso traballo realizado polo noso alumnado en colaboración con diversos Departamentos do centro pola conmemoración do Día Internacional da Prevención da Violencia de Xénero.

  

Ademais o alumnado de 2º de ESO tivo unha charla sobre prevención de violencia de xénero a cargo do Plan Director da Garda Civil, cunha valoración moi positiva.

Toca estudar! Pautas para as familias

O vindeiro luns 3 de decembro de 2018 terá lugar no IES Lamas de Castelo ás 16:30h unha charla para as familias organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Aquelar Psicoloxía baixo o título "Toca estudar. Pautas para as familias"

Unha vez levada a cabo esta charla, só nos queda agradecer a Begoña de Aquelar Centro de Atención Psicolóxica e Educativa de Santa Comba a súa claridade expositiva e a todas as nosas familias pola participación e interese amosados.

Esperamos seguir contando con vós en vindeiras ocasións.

Moitas grazas pola colaboración!

 

Nas TIC mandas ti

O alumnado de 4º da ESO, o día 5 de novembro de 2018, recibiu unha charla dentro da campaña de sensibilización en violencia de xénero "quen dixo medo?" impulsada pola Deputación de A Coruña.

Eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo - 2018

A resolución conxunta do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

As eleccións dos representantes dos sectores da comunidade educativa que cómpre renovar(profesorado) celebraranse entre os días 26 e 30 de novembro.

A data exacta será decidida pola Xunta electoral, que se constituirá o mércores 7 de novembro na primeira reunión da Xunta Electoral.

O martes 30 de outubro, tivo lugar o sorteo público de membros que deberán formar a Xunta Electoral para a renovación do consello escolar. Enviáronse as citacións ás persoas seleccionadas.

21 de novembro: segunda reunión da Xunta Electoral

28 de novembro: votacións

29 de novembro: terceira e última reunión da Xunta Electoral  e proclamación do candidato electo(pdf)

Obradoiros de graffiti e muralismo e xogando coa moda ética

Foi o 1 de outubro unha xornada fantástica chea de cores e moitos, moitos sorrisos.

Ata o IES Lamas de Castelo trouxeron as súas propostas cheas de creatividade e amor polo noso idioma Mutante Creativo e Cestola na Cachola.

Como gustou e vaia se quedou bonita a parede do noso ximnasio!

Partidas de xadrez co campión de España

O martes 25 de setembro de 2018, visitou o IES Lamas de Castelo David Lariño Nieto, veciño de Esteiro (Muros) e campión de España de xadrez acompañado por Santiago Pérez Haz, presidente do Clube Cabo Touriñán.

O alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a gran sorte de poder xogar partidas simultáneas co Gran Maestro do xadrez español.

Presentación do curso escolar 2018/2019 ás familias

A reunión de presentación deste curso ás familias terá lugar o vindeiro luns 24 de setembro de 2018.

Comezaremos ás 18.15h cunha reunión común de benvida na  biblioteca para dar a coñecer o funcionamento xeral do centro. A continuación, cada titor/a explicará polo miúdo as características do seu grupo.

Listaxe de alumnado admitido e excluído do fondo solidario de libros de texto

Esta listaxe corresponde ás axudas reguladas na Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21/05/2018). O procedemento depende do Servizo de Xestión de Programas Educativos da Subdirección Xeral de Centros. O IES só tramita as solicitudes e entrega os libros.

  1. Listaxe provisional de admitidos
  2. Listaxe provisional de excluídos
  3. Listaxe definitiva

Calendario dos exames de setembro de 2018

 

HORA

Luns 3

AULA

HORA

Martes 4

AULA

HORA

Mércores 5

AULA

9.00

a

10.30

XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

XeHi

 

9:00

a

10:30

LINGUA CASTELÁ

 

L. CASTELÁ

 

 

9:00

a

10:30

MATEMÁTICAS

 

MATEMÁTICAS

 

 

10.30

a

12.00

TECNOLOXÍA/TIC

 

TALLER

 

10.30

a

11.30

MÚSICA

IDIOMAS

 

 

10.30

a

12.00

FÍSICA E QUÍMICA

L. CASTELÁ

 

CuCa

XeHi

 

EDUCACIÓN FÍSICA

ORATORIA

12.00

a

13.30

BIOLOXÍA

L. CASTELÁ

 

11.30

a

13.00

LINGUA GALEGA

GALEGO

 

12.00

a

13.00

INGLÉS

IDIOMAS

 

 

 

 

13.00

a

14.00

FRANCÉS

IDIOMAS

 

 

 

 

Os exames das materias pendentes realízanse na mesma hora que as materias correspondentes aos cursos superiores.

Para imprimir o calendario, prema aquí.

  • Data final de devolución de libros: Venres, 7 de setembro. Hai que devolver todos os libros.
  • Entrega de notas: Xoves, 6 de setembro ás 11.00h.
  • Remate do período de reclamacións: Luns, 10 de setembro ás 10.00h.
Distribuir contido


by Dr. Radut