Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2015/16

Segundo a instrución 4/2014, do 1 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convócase un concurso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría do IES Lamas de Castelo de Carnota durante o curso 2015/16.

As ofertas presentaranse na Secretaría do centro. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do 24 de xuño. As especificacións técnicas e as condicións son as que se estabelecen neste documento.

RESOLUCIÓN

Por resolución do 7 de xullo, adxudícaselle o servizo a SILMER S.C.

Matrícula para o curso 2015/16

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man xa cuberta; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do instituto ou no formulario de matrícula)
    • Ao alumnado do centro entregóuselle en man.

    En casos de separación, copia da sentenza onde figura quen ten a custodia.

1º de ESO

  1. DNI do alumno/a e dos pais ou titores legais
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia
  4. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

2 de ESO

  1. Autorización para o uso dos computadores Abalar (na Secretaría do instituto ou aquí).

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

Materiais curriculares para o curso 2015/16

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO.

Correccións

3º de ESO

  • Física e Química: Física y Química 3º ESO inicia DUAL -serie LED- Libro del alumno ISBN: 9788467398304 (un único volume)

Fin de curso 2014/15

O final do curso 2014/15 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o venres 19. Ese día e o anterior realizaranse actividades especiais pero no horario habitual, que inclúen unha subida á Moa o xoves e as II Olimpiadas do Lamas de Castelo o venres.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o martes 23 ás 11:00 na aula de titoría; as cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar. O alumnado que aprobe materias para as que gozase de axuda para a adquisición dos libros de texto deberaos devolver ese día ou o seguinte, segundo a circular que se enviou hai unha semana. O proceso de devolución pode demorar, pois é a primeira vez que se realiza e non se sabe canto se ha de tardar por alumno/a.
  • O prazo de reclamacións comeza nese momento e esténdese até ás 10:00 do xoves 25. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Libros de texto

Actualización, 7 de xullo:


 

Aquí poden atopar unha circular que pretende explicar como se regulan as axudas para a adquisición de libros de texto, que afecta ao alumnado de 1º e 3º de ESO, e o fondo solidario de libros de texto, que afecta ao alumnado de 2º e 4º de ESO. Para iso, acompañando esta circular van uns resumos feitos por nós. As ordes correspondentes foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o 1 de xuño (aquí e aquí).

 Detalles para mirar antes de devolver os libros de texto:

  • Non quedaron dentro fichas, redaccións, fotocopias, etc.
  • Devólvense tamén os CD, se viñan con algún.
  • Non hai nada escrito con tinta e o escrito a lapis está borrado.
  • Non hai nada pegado por dentro nin for fóra.

Escola de pais - A Lei do Menor

 O luns 11 de maio ás 18:15 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre «A Lei do Menor: Información, prevención e consecuencias de condutas infractoras nos menores».

Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e que será impartida por un membro da Asociación ARELA de Vigo.

Borrador das Normas de organización e funcionamento

O IES Lamas de Castelo está redactando as normas de organización e funcionamento, un documento no que se aclaran cuestións que afectan á vida escolar, como a custodia do alumnado, o control da asistencia e da puntualidade, a convivencia, o uso das instalacións, etc. Cómpre que as familias participen neste proceso, co obxecto de que resulte un documento compartido por toda a comunidade educativa.

No documento adxunto poden ler un borrador, que será presentado ao Consello Escolar en xuño para a súa aprobación. Pode facer chegar as súas consideracións ou emendas ao correo electrónico do centro mediante o modelo de alegacion que se facilita. As familias tamén poden facer chegar as súas suxerencias a través da representante no Consello Escolar. O prazo de presentación de alegacións remata o 1 de xuño.

Próximos festivos

Os festivos aprobados pola Consellería de Traballo e Benestar figuran no seu sitio web: traballo.xunta.es/calendario-laboral-2015.

Marzo

O día 20 de marzo, venres, é festivo.

Abril

É perído de vacacións durante este curso o comprendido entre o día 30 de marzo e o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.

Maio

O venres 1 de maio é festivo; o luns 4 foi escollido como día non lectivo deste centro.

Días non lectivos do curso 2014/15

O venres 31 de outubro non é lectivo. Foi declarado Día do Ensino pola Consellería.

Os días non lectivos deste curso son o 3 de novembro (luns) e 4 de maio (luns). A decisión foi adoptada polo Consello Escolar o 27 de outubro.

Presentación do curso ás familias

O luns 22 de setembro celebraranse as reunións de presentación do curso ás familias, nas que se darán a coñecer as novidades deste curso e se presentará o profesorado. Haberá unha reunión común ás 18:10 na biblioteca para dar a benvida e introducir de maneira xeral as características do instituto e a etapa educativa e, a seguir, cada titor/a explicará polo miúdo o funcionamento do centro e as peculiaridades de cada curso e grupo.

Distribuir contido