Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Biografías 10

 

 HERMERICO

Hermerico (?-441) foi o primeiro rei suevo de Gallaecia, reinou dende o 409 até o 438. Dirixiu ó seu pobo dende o Rin até Gallaecia, onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un foedus con Roma mediante o cal establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptaba ó emperador como o seu superior (410). En teoría actuaba como federado de Roma e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo Valia e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a Bética. En 438 asociou ó seu fillo Requila ao trono.

Despois de sete anos de enfermidade, as circunstancias físicas forzan a Hermerico a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno de todo o reino de Galicia -así como os territorios meridionais conquistados- ao seu fillo e herdeiro, Requila, confirmando deste xeito a sucesión patrilineal nos hábitos de transferencia de poder entre os monarcas suevos como sucedía cos francos, e diferindo xa temperamente da sucesión electiva, propia de outros pobos xermánicos como os visigodos. Hermerico marcará unha liñaxe real, da que non coñecemos a orixe mais si a fin, que se produce no ano 456, coa morte do seu neto Requiario.

 



book | by Dr. Radut