Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Biografías 02

 

      Cayo Julio César Augusto Germánico, tamén coñecido como Cayo César o Calígula, foi emperador romano dese o ano 37 ate o 41, ano do seu asasinato. Foi fillo de Germánico, o cal foi fillo adoptivo do emperador Tiberio.

     Existen poucas fontes que describan o seu reinado, mais ningunha o presenta como óptimo. As fontes céntranse na súa crueldade, extravagancia e perversidades sexuais. É considerado un tirano demente que se converteu no primeiro emperador que se presentou o seu pobo como un Deus.

     De neno acompañou o seu pai nas expedicións militares por Germania. Os militares calzaban as caligas, a cales lle deron o nome de Calígula.

     O emperador Tiberio ordenou que o Imperio debía ser gobernado de forma conxunta por Calígula e Gemelo. Tras desfacerse deste último, Calígula tomou as rendas do Imperio. A súa administración tivo unha época inicial marcada por unha crecente prosperidade e unha xestión impecable. No obstante, a grave enfermidade pola que atravesou marcou un punto de inflexión no seu modo de gobernar. Unha serie de erros na súa administración derivaron nunha crise económica en nunha hambruna. Emprendeu unha serie de reformas públicas e urbanísticas que acabaron vaciando as arcas imperiais. Como unha das medidas desesperadas, pediu cartos a plebe.

     Militarmente, o seu reinado caracterizouse pola anexión da provincia de Mauritania, a cuxo monarca asasinou polo fracaso na conquista de Britania e polas tensións que azotaron as provincias orientais.

     Deu mostras da súa megalomanía ó ordenar que erixisen unha estatua no seu honor no Templo de Xerusalén; e deu mostras de demencia ó pedirlle o seu exército que no canto de atacar as tribus britanas, recolleran cunchas na praia, tributo que segundo Calígula esas augas debíanlles a colina Capitolina e ó monte Palatino.

     Segundo algúns historiadores, os seus últimos anos de vida estiveron envoltos nunha serie de escándalos entres os cales destacan as relacións incestuosas coas súas irmáns, ás que incluso obrigou a prostituirse.

     Foi asasinado, e vingado no mesmo día polo novo emperador Claudio, tío de Calígula.



book | by Dr. Radut