Sabías 01

Sabías que...

 

 

 

O rei Gustavo III de Suecia estaba convencido de que o café era un veleno. Para demostralo, ordenou a un reo tomar café todos os días e a outro tomar té. O experimento, que foi seguido por una comisión médica, foi un fracaso absoluto: os primeiros en morrer foron os médicos, despois o rei, moitos anos máis tarde o condenado a beber té e por último o bebedor de café.

 

 

 

A nobreza dise que é de sangue azul porque ao non realizar tarefas no campo os nobres non tiñan a pel morena, e a través da súa branquísima pel as venas parecían levar sangue azul.

 

 

 

Á bomba atómica que caeu sobre Nagasaki chamóuselle "Fat Man" en español "Home Gordo" e á de Hiroshima "Little Boy" "Neno Pequeno".

 

 

 

Tras a peste negra, fixeron falla catro séculos para que a poboación europea volvera a acadar os niveis previos ao ano 1347.

 

En 1522 Martín Lutero traduciu o Novo Testamento ao alemán en tan só 11 semanas, ofrecéndolle así aos seus compatriotas a primeira oportunidade de ler o libro sagrado na súa propia lingua

 

 

O Tratado de Versalles firmouse na famosa Galería dos Espellos que mandara construír Luís XIV no Palacio de Versalles ás aforas de París. A elección deste salón foi enormemente simbólica pois tratábase da mesma sala na que os franceses se rendiran ante Alemaña en 1871 tras a guerra franco-prusiana.