Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material (2022/2023)

 

Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

- Anexo I e Anexo II

Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

-  Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a alumno/a en caso de separación ou divorcio.

-  Certificado do grao de minusvalía no caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar.

-  Documentación acreditativa no caso de situación de violencia de xénero.

Prazo de presentación solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 para todo o alumnado.

 

COMO PRESENTAR AS SOLICITUDES?

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Presencialmente no IES con cita previa no teléfono 881867200.



book | by Dr. Radut