Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Xornadas culturais

Xornadas Culturais 2023

  • Presentación e cata de produtos da gastronomía francesa

Nesta presentación podedes ver a nosa selección de produtos para as Xornadas Culturais deste ano no noso centro.

 

 

Xornadas Culturais 2022

  • Charla-encontro con Nee Barros

A raíz da actividade lectora da nosa sección de Feminismo e igualdade do Club de Lectura 2022, contactouse con Nee Barros, autor de  Identidade, para charlar e intercambiar opinións con el. O encontro tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Carnota, (moitas grazas pola súa colaboración), e varios medios de comunicación fixeronse eco do evento:

  1. O Correo do Barbanza (El Correo Gallego): Coloquio con Nee Barros en Carnota  
  2. Que Pasa Na CostaNee Barros afondou sobre a Identidade trans co alumnado de Carnota
  • Charla-encontro "Un mar de Lecturas"

Tivemos na nosa Biblioteca Escolar a un xubilado da Mariña mercante: Bernardino Caamaño Tajes, veciño de Muros, que veu falar co noso alumnado os días 19 e 20 de maio 2022. Contounos un montón de cousas interesantes, pero o máis curioso (e que aproveitamos para contar aquí) é que a idea desta actividade saíu dunha charla informal da coordinadora da Biblioteca con Bernardino, que nos dicía o importantes que eran os libros na vida cotiá a bordo, e a cantidade de orzamento dedicado a prover as enormes bibliotecas súper-equipadas coas que contan hoxe en día os grandes buques mercantes... Quedamos abraiados, con certa envexa (todo hai que confesalo), e decidimos que isto pagaba a pena compartilo coas xeracións do futuro. Nas charlas, contáronse moitas cousas interesantes:

  1. O historial de barcos nos que foi navegando, dende o primeiro deles, ata o último. (Ver documento en pdf -A)
  2. Como distinguir as principais compañías mercantes internacionais polas cores corporativas. (Ver presentación en pdf -B)
  3. O funcionamiento de carga e descarga dos buques, e as principais diferenzas entre eles (portacontenedores, bulkcarriers, ro-ro cargos, ferrys...) (B)
  4. A vida nos barcos: rutinas e lecer (aquí é onde as bibliotecas xogan un papel moi importante!) (B)
  5. A cada vez maior presencia e importancia das mulleres na Marina
  6. Rutas marítimas e perigos (mala mar, piratería...)

Material de acompañamento preparado pola coordinadora da BE para a charla:

A Mar de lecturas-lista de barcos.pdf
B Mar de lecturas.pdf

Obradoiros nas XXCC 2021

"Mar de plásticos"

A Biblioteca, xunto co departamento de Tecnoloxía, organizamos unha actividade de concienciación medioambiental arredor da contaminación por plásticos. A idea orixinal partiu deste libro: Plasticus maritimus, unha especie invasora no que se fala do lixo plástico que por desgraza xa estamos tan acostumados a ver nas nosas praias.

Esta actividade se aplicou a alumnado de 1º e 2º ESO, o xoves 13 de maio. A idea inicial era: primeiro, informarnos sobre o tema (paso 1, en días-semanas previas); logo facer unha camiñada ata a praia e recoller os plásticos que alí viramos (paso 2) e logo voltar ao centro, clasificalos, identificalos (paso 3) e reutilizalos para facer murais (paso 4).

A meteoroloxía dese día non nos permitiu moitas alegrías: o grupo de 1º non poido saír, pero si o de 2º, pois a orballeira empezou a amainar. Logo, e tamén durante días posteriores nas clases de tecnoloxía, plástica e valores éticos, continuamos o traballo nos murais, integrando tamén o traballo feito nalgúns dos grupos de V. Éticos.

Velaquí unhas fotos da actividade:

Paso 1

Previo á actividade de “Mar de Plásticos”: material de consulta

A elección foi da coord. da Biblioteca Escolar.

Paso 2

 

Paso 3

 

Paso 4

 

 

Materiais elaborados Tamaño
A contaminacion das máscaras.pdf 268.67 KB
Daniel-Aros plástico.pdf 519.94 KB
Toalliñas Rubén.pdf 256.45 KB
XABIER plásticos.pdf 713.49 KB

Encontro co autor de BD Víctor Boullón

A raíz da actividade do club de lectura de BD, contactamos con Víctor Boullón, que véu á nosa biblioteca o 14 de maio a contarnos sobre a BD en xeral, e o seu labor como debuxante de cómic, cun obradoiro de debuxo de personaxes, paso a paso.

 

XXCC: Charla con Víctor Boullón.

XXCC: Charla con Víctor Boullón: imaxes de Aleida III

XXCC: Charla con Víctor Boullón: o proceso creativo de Aleida III

XXCC: Víctor Boullón ensínanos a debuxar personaxes.

Material elaborado Tamaño
Tríptico BD final-maio'21.pdf 1.61 MB
AdxuntoTamaño
Mar de lecturas-lista de barcos.pdf96.67 KB
Mar de lecturas.pdf1.62 MB
Gastronomía francesa e lingua.pdf1.18 MB


page | by Dr. Radut