Última versión do Plan de adaptación Covid-19

Despois de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicara varias versións do seu Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 dos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021, presentamos o Plan de adaptación Covid-19 do IES Lamas de Castelo para este curso coas modificacións oportunas e que está aberto a calquera cambio que indiquen as autoridades sanitarias.

Os novos cambios están en cor azul para que sexa máis doado de identificar.

Tamén inclúe o Protocolo de funcionamento da Unidade de Educación Especial cun cadro de control de incidencias.