O IES Lamas de Castelo "aposta" por un ocio saudable

Unha das actividades previstas para a semana cultural deste curso 2019-2020, que tivo que ser suspendida pola pandemia da Covid-19, era a charla do noso veciño de Muros Santiago Caamaño, na que ía relatar a súa experiencia como ludópata rehabilitado coa finalidade de sensibilizar a toda a comunidade educativa  contra estoutra pandemia.
Santi accedeu á nosa proposta de dirixir unhas palabras ás familias e alumnado do noso centro, as cales como el mesmo comenta, pretenden ter un carácter preventivo ante a nova situación que estamos a vivir.
Debemos lembrar que é moi importante extremar as medidas de prevención, especialmente en nenos/as e adolescentes ante o dano que pode provocar este tipo de ocio baseado na aposta de diñeiro e tan facilmente accesible vía online.

Moitísimas grazas Santi pola túa colaboración.
Esperamos contar contigo de xeito presencial, o vindeiro curso.

Desde o IES Lamas de Castelo tamén che enviamos moitos ánimos!