Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material (2020/21)

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Adxúntase a seguinte información:

- Documentación obrigatoria

- Anexo I

Prazo presentación solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 (ambos inclusive)

Como presentar as solicitudes?

  1. Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I) na aplicación: www.edu.xunta.es/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

  2. En caso de non poder tramitar as solicitudes por vía electrónica, tamén se poderá acudir presencialmente ao centro docente con cita previa no tlfn 881867201

  3. En caso de acudir ao centro, polo ben de tod@s, pregámoslles que usen mascarilla e traian o seu propio bolígrafo.

Debido as circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, a devolución de libros do curso 2019-2020 poderá realizarse desde o 19 de xuño ata o 7 de xullo, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro.

A entrega dos libros do fondo solidario do curso 2020-2021 que lle corresponden a cada alumno/a realizarase, preferentemente en setembro, debido a que son libros que estiveron manipulados por diferente alumnado e hai que deixar un prazo prudencial antes da súa nova entrega pois está así aconsellado polas autoridades sanitarias. 



book | by Dr. Radut