AVISO AO ALUMNADO - FERRAMENTAS DE TRABALLO E CANLES DE COMUNICACIÓN CO PROFESORADO

Aquí podedes consultar toda a información actualizada (a 16/05/2020) sobre as ferramentas de traballo que usa cada departamento e as vías de contacto co profesorado.

Toda a información recollida neste documento foi facilitada na web do centro, concretamente na sección de cada departamento, a semana seguinte ao decreto do estado de alarma. As modificacións introducidas polo profesorado desde esa data foron debidamente comunicadas ao alumnado.

A planificación das actividades e os prazos de entrega son especificados polo profesorado a cada grupo mediante as ferramentas de traballo recollidas no documento.