Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




APERTURA DO CENTRO

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O noso centro permanecerá aberto desde o luns 11 de maio ata o venres 15, ambos inclusive, para ás nais e os pais que precisan efectuar os trámites precisos de escolarización dos seus fillos/as e presentación da documentación ou doutros procedementos.

Por motivos do decreto de alarma polo COVID-19 gardarase en todo momento a distancia de seguridade entre usuarios/as e persoal e medidas de hixiene e limpeza.

  • Do 1 ao 10 de xullo de 2020: formalización da matrícula ordinaria en ESO
  • Do 1 ao 10 de setembro de 2020: prazo extraordinario


book | by Dr. Radut