Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




CURSO 2019-20. TAREFAS PARA OS ALUMNOS DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA POR MOR DA SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19

A primeira tarefa a facer por tódolos alumnos do Departamento (os que teñan medios para facelo) Tedes que enviarme un correo electrónico desde a vosa conta de correo a miña conta de traballo cos alumnos ubaldoes@yahoo.es
Ese correo deberá levar no seu asunto o voso nome completo e o curso no que estades.

¡¡Esto é IMPORTANTE!! Esa será a nosa xanela de contacto dentro destas duras xornadas de illamento.

As seguintes tarefas van como pdf adxuntos un pouco mais abaixo. cada pdf leva o nome do curso, a materia no caso de 4º ESO e un número de envío.

No caso de 2ºESO e 3º ESO, levades a temporalización dentro do documento. Vai feita en sesións, tres para segundo e dúas para terceiro. É unha temporalización semanal onde as tarefas de cada sesión están calculadas para 50 minutos de traballo (que serán menos na vosa casa porque imaxino que vades a falar moito menos e a traballar moito mais)
Non é necesario que as fagades seguindo o horario que tedes de clase no centro, pero é indispensable que fagades ese número de sesión semanais. Repito: ¡sen distraccións rematades antes dos 50 minutos seguro!

No caso de 4º ESO, tanto en Tecnoloxía como en TIC a temporalización non é esa. No caso da Tecnoloxía, dado que son actividades con bastante peso, prefiro non marcarvos o traballo por sesión, facede as tres sesións semanais pero ide facendo os problemas de dixital que algún resultaravos ben rabudo de verdade. Paciencia. En TIC seguemos coa temporalización habitual, marcando prazo de entrega por email.

Outra cousa importante para a materia de Tecnoloxía: todos debedes facer as tarefas no caderno da materia. Dado que polas características da zona sei que moitos terán problemas para manter unha política de envíos axeitada (ou simplemente non poden) e preferible, para non discriminar nin perxudicar a ningún alumno e que todos teñan as mesmas ferramentas, que todo se faga na libreta da materia. Á volta ó centro educativo (sí, agardo que algún día antes de xuño podamos volver todos) revisaranse tódalas tarefas realizadas, que deberán estar no caderno na mesma orde na que foron enviadas, e na mesma orde na que están nos documentos.
Outra cousa distinta serán os envíos que poidese haber de problemas ou similares, que é o caso de 4º ESO tecnoloxía. Enviarei solucións ós problemas e vos mesmos faceredes a vosa corrección.

AdxuntoTamaño
2eso-1.pdf59.12 KB
3eso-1.pdf57.33 KB
4esoTEC-1.pdf324.91 KB
4esoTIC-1.pdf43.2 KB


book | by Dr. Radut