Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Acollida alumnado e familias

Para facilitar o tránsito do alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP de Carnota e CEIP do Pindo que o vindeiro curso comezará no noso IES, organizouse o pasado 27 de maio unha xornada de portas abertas. A través desta actividade, na que participou o alumnado de 1º de ESO do IES Lamas de Castelo, demos a coñecer as instalacións, os horarios, as materias e, en definitiva, os cambios máis importantes que supón o paso de Primaria a Secundaria. A tarde rematou cunha merenda na cafetaría do centro.

A cita coas novas familias tivo lugar o 10 de xuño, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes que van acontecer este mes: fondo solidario, matrícula...

Só nos queda desexarvos un FELIZ VERÁN!

 



book | by Dr. Radut