Eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo - 2018

A resolución conxunta do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

As eleccións dos representantes dos sectores da comunidade educativa que cómpre renovar(profesorado) celebraranse entre os días 26 e 30 de novembro.

A data exacta será decidida pola Xunta electoral, que se constituirá o mércores 7 de novembro na primeira reunión da Xunta Electoral.

O martes 30 de outubro, tivo lugar o sorteo público de membros que deberán formar a Xunta Electoral para a renovación do consello escolar. Enviáronse as citacións ás persoas seleccionadas.

21 de novembro: segunda reunión da Xunta Electoral

28 de novembro: votacións

29 de novembro: terceira e última reunión da Xunta Electoral  e proclamación do candidato electo(pdf)

AdxuntoTamaño
acta escrutinio.pdf69.56 KB