Partidas de xadrez co campión de España

O martes 25 de setembro de 2018, visitou o IES Lamas de Castelo David Lariño Nieto, veciño de Esteiro (Muros) e campión de España de xadrez acompañado por Santiago Pérez Haz, presidente do Clube Cabo Touriñán.

O alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a gran sorte de poder xogar partidas simultáneas co Gran Maestro do xadrez español.