Loito polo falecemento de Aynara e Ismael Sanli Cambeiro

A comunidade educativa do IES Lamas de Castelo sinte profundamente o falecemento de Aynara e Ismael e quere transmitir cariño e apoio á familia, compañeiros e amigos.

En sinal de dó cancélanse todas as celebracións previstas para o final de curso e tamén se desconvoca a charla para as familias do martes 12.

A Cruz Vermella ponse a disposición de pais/nais o mércores ás 11:45 no instituto para dar consellos sobre como tratar situacións dolorosas como esta.