Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novembro : mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Ciencia... en galego
Resultado de imaxes para logo mes da ciencia galego bibliotecas

En novembro, dedicamos o mes á ciencia en galego? na nosa Biblioteca do Lamas de Castelo. As nosas grellas de novidades e exposición transformáronse en escaparates de todo o material que temos sobre a ciencia. Tamén estamos a facer unha maratón de catalogación dos fondos relacionados coa ciencia (seccións dende o 50 ata o 698 da CDU), moitos deles sen catalogar até o de agora.

 Porén... temos que dicir que moito material en galego non hai. A edición en castelán segue sendo a maioritaria (e nin que dicir ten, se un quere meterse en investigación científica, seguro que o seu material de consulta non estará en galego nin en castelán).

 

De todos os xeitos, temos moitos libros, vellos e novos que son moi interesantes para ler sobre a ciencia, e moitos deles con curiosidades dende as máis coñecidas ás máis estrafalarias e sorprendentes.

Ligazóns de interese
1- páxina das bibliotecas escolares sobre o tema: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1030
2- tríptico informativo: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/mes%20da%20ciencia%20en%20galego%20nas%20bibliotecas.pdf
3- Recompilación de materias sobre ciencia en galego (da Xunta): http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php
4- Selección de materiais sobre ciencia en galego, para as bibliotecas: https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-nas-bibliotecas-libros-informati/

Boa lectura!

 



book | by Dr. Radut