OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS: E....eu quen son?

O día 10 de marzo de 2017, venres, realizouse un obradoiro de habilidades sociais impartido polo Centro de Información á Muller (C.I.M.)de Muros, dirixido aos dous grupos de 1º da ESO:

  1. De 12.30 a 13.20, para 1ºB da ESO
  2. De 13.20 a 14.10, para 1ºA da ESO

Os contidos que se traballaron nesta actividade foron os seguintes: definición de habilidades sociais, que é a empatía, automotivación, autocontrol, autocoñecemento e autoestima.