Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Formación en bibliotecas escolares

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2015-16

 Outro ano máis, chegan os Encontros para os centros integrados na rede Plambe (Plan de mellora das bibliotecas de Galicia). Este ano celébranse o 7 e 8 de abril en Santiago de Compostela.

 Máis información aquí.

 

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014-15

Os días 12 e 13 de marzo celébranse en Santiago os Encontros do Plan de mellora das bibliotecas escolares de Galicia .Esta é a sétima edición á que asistimos, desde que formamos parte da rede.

Aquí, o programa.

 

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013-14

Un ano máis, desde que entramos na rede PLAMBE, a responsable da biblioteca asistiu aos encontros de formación que tiveron lugar en Santiago o 28 de marzo de 2014. Son 547 as bibliotecas escolares que forman esta rede e, nos encontros, os responsables das biblioteca reciben moita información sobre o traballo que se fai nas distintas bibliotecas e cales son as liñas que se deberían seguir. Nesta ocasión, ademais dos asesores e asesoras tamén asistiron membros da inspección educativa.

Se queredes consultar os materiais alí presentados podedes facelo aquí, entrando como 'convidados' . Tamén están dispoñibles algúns relatorios en vídeo.

 

 

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012-13

Por quinto ano consecutivo desde que entramos na rede PLAMBE (Plan de mellora da biblioteca escolar) a responsable da biblioteca asistiu aos encontros de formación que se celebraron en Santiago os días 7 e 8 de marzo de 2013. Nesta ocasión están convocadas profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de 504 centros. Tamén asisten os asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.

 

Se vos interesa coñecer os materiais e debates dos que alí se tratou, tedes máis información aquí

 

 

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011-12

Por cuarto ano consecutivo desde que entramos na rede PLAMBE (Plan de mellora da biblioteca escolar) a responsable da biblioteca vai asistir aos encontros de formación que se celebran en Santiago os días 19 e 20 de abril de 2012. Nesta ocasión están convocadas profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.

 

Se vos interesa coñecer os materiais e debates dos que alí se trata, podedes seguir en directo as dúas xornadas. Tamén se pode acceder aos materiais (entrando como "convidados"), aquí. E aquí ao vídeo de resumo dos mesmos.



book | by Dr. Radut