Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Información xeral

 Composición do departamento

María  Ángeles Abeledo penas, xefa do departamento, imparte a docencia de Lingua castelá nos cursos de  1º,2º, 3º e 4º de ESO e Oratoria no curso de 1º de ESO.

 

Presentación da materia

A materia de Lingua Castelá e Literatura ten como finalidade o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e está orientada aos seguintes aspectos:
- A aprendizaxe instrumental do idioma, por medio do traballo das catro capacidades básicas: entender, falar, ler e escribir de forma comprensiva.
- Capacidade para comunicarse correctamente nos distintos ámbitos de xeito oral e escrito.

Os bloques de contidos tratados en todos os cursos son as técnicas de expresión escrita, a tipoloxía textual e as súas caraterísticas, a reflexión sobre a lingua (ortografía, puntuación, morfosintaxe, léxico-semántica), a comprensión dos significados explícitos e implícitos, a capacidade de análise crítica e a linguaxe literaria. Estes bloques son tratados en todos os niveis, variando o grao de dificultade e de profundización segundo aumenta o curso. O proceso de aprendizaxe destes contidos ocupa toda a etapa educativa e esténdese máis alá. Por este motivo, esta é unha materia de avaliación continua.

En canto ao estudo da literatura, en 1º e 2º da ESO trabállase a introdución aos textos literarios e ás súas características, así como á análise dos principais tipos de textos da literatura tradicional (contos, lendas, refráns, adiviñas...). En 3º e 4º da ESO analízanse os distintos períodos literarios, os textos e os autores máis destacados de cada período. En 3º, estúdase a literatura desde a Idade Media ao Neoclasicismo  e en 4º, a literatura do século XX e XXI.


 

 

 



book | by Dr. Radut