Recuperación de pendentes
Calendario de exames de pendentes de Lingua Galega e Literatura
Primeira proba: na semana do 14 ao 18 de xaneiro de 2019
Segunda proba: na semana do 1 ao 5 de abril de 2019
Proba final: na semana do 6 ao 10 de maio de 2019
Todas estas probas realizaranse durante as sesións de clase.
Poderá presentarse a estas probas o alumnado que vaia entregando periodicamente o traballo sinalado pola profesora. Se non se entregan os traballos nos prazos sinalados, perderase o dereito a recuperar por partes e só se poderá acudir á proba final.
Atención ao alumnado: O alumnado coa materia pendente pode poñerse en contacto coa profesora (Mariluz) durante as clases para pedir traballos, aclarar dúbidas... así coma nos recreos (luns e venres).