CONVOCATORIAS E CALENDARIO DAS PROBAS ABAU

 No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU): 

 

CONVOCATORIA ORDINARIA 

12-13-14 de xuño                  Realización da proba de ABAU

(poderase presentar o alumnado que remate 2º curso de bacharelato na convocatoria ordinaria de maio ou en anos anteriores ou alumnado co título de Técnico Superior) 

 

Para a matrícula na proba nesta convocatoria o prazo será:

8 – 31 de maio           Matrícula anticipada on line.

(matricularase o alumnado que teña superado o bacharelato en convocatorias anteriores pero non a ABAU ou que desexe subir a cualificación ou alumnado co Título de Técnico Superior de cursos anteriores ou alumnado de CS do ano en curso que estea en condicións de acadar o título na convocatoria de xuño de 2019.)

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

10-11-12  de xullo                  Realización da proba de ABAU

(matricularase o alumnado  que queira subir a nota de convocatorias anteriores)

 

Para a matrícula na proba nesta convocatoria o prazo será o seguinte:

26 – 27 xuño              Prematrícula na ABAU na convocatoria  extraordinaria.

 

A continuación atoparás calendarios co resumo das datas importantes de:

  • Proba ABAU (matrícula na proba, datas exames, cualificacións, solicitude de reclamación ás cualificacións…)
  • Trámites para o acceso á universidade (datas de solicitude de admisión, datas listas de admitidos e prazos de matrícula…)

 Datas a ter en conta para alumnado que remata ciclos superiores na convocatoria de xuño de 2019.

Datas de asignación de prazas e prazos de matrícula nas titulacións universitarias.

 

Toda a información relativa a ABAU e acceso á universidade podes atopala no seguinte enlace: http://ciug.gal/

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer