INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

As leis en galego

O servizo de asesoramento lingüístico do colexio compostelán de avogados achega novos recursos para a dinamización do galego no ámbito do Dereito.

 VIEIROS 04/01/2010

Lexislación de ámbito galego e estatal e en breve escolma de xurisprudencia no ámbito lingüístico, son algúns dos contidos que poden navegarse de xeito directo desde o espazo "As leis en galego", fornecido polo servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago. Especial interese terán os apartados específicos nos que traballa na actualidade o colexio, e que fará peneira de textos normativos de fondo lingüístico e resolucións de todo tipo que afecten dalgún xeito ao tratamento ou uso da lingua. Con esa fin, desenvolveron xa un acordo específico co propio Centro de Documentación Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial para botar man da súa base de datos xurisprudencial.

Ao tempo, destaca tamén o apartado de Formularios procesuais en lingua galega. Trátase dunha iniciativa xurdida en 2008 grazas ao apoio desinteresado de varios profesionais da avogacía que, de xeito colaborativo, contribúen a favorecer o uso do galego neste ámbito profesional. A través deste servizo achéganse demandas e outros escritos extraídos da práctica real de diferentes despachos de avogados do país e, desde o servizo de asesoramento do colexio, salientan ademais a renovación en canto ao estilo e o formato do seu plano lingüístico. "Agardamos que sirva de estímulo para seguir normalizando o uso da lingua nos xulgados galegos", apuntan. Neste sentido, destacan a xeito de exemplo a solicitude específica na que se pide que o procedemento e notificacións se fagan en lingua galega coa fundamentación legal que protexe este dereito:

Ao abeiro do artigo 3 e 3.2 da Constitución española; do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia; do artigo 231.3 da Lei orgánica do poder xudicial e dos artigos 1, 2, 6.3 e 7.2 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia, manifesto o meu desexo de utilizar nestas actuacións a lingua galega e de que as notificacións que se efectúen en relación co arriba indicado sexan igualmente en lingua galega.

 Podes atopar as leis en galego premendo neste enlace. http://www.icasantiago.org/sal/lexislacion.html

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer