Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 25, 2019
Start: 25/02/2019 10:15

O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá.

Xoves Febreiro 28, 2019
Start: 28/02/2019 09:50

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán á conferencia de Xeoloxía Ambiental impartida pola doutora Teresa Taboada Rodríguez na USC o vindeiro 28 de febreiro en horario de 9:50 a 10:40 (2ª hora de clase). O profesorado afectado nesas horas terá que acompañar ao alumnado.

Xoves Marzo 07, 2019
Start: 07/03/2019 09:00

Demostración do Equipo 3T, presentado como un revolucionario concepto de aparatología que xunta 8 das máis avanzadas tecnoloxías estéticas no mesmo equipo. 

A presentación terá lugar o 7 de marzo no Taller 2 de Estética por parte de Raquel Rodríguez Vázquez (formadora de DRV). O alumnado que asistirá serán os segundos cursos dos Ciclos Superior e Medio de Estética. O profesorado implicado pola actividade: Isabel Rodríguez, Asunción Crespo, Filomena Gutiérrez, Elisa Pazos, Alberto García e Carla Mujico 

Xoves Marzo 14, 2019
Start: 14/03/2019 09:00

Os cursos de 2º e 3º da ESO visitarán os Museos Científicos Coruñeses o 14 de Marzo dende as 9:00 da mañá ata as 18:00 da tarde. Terán tamén a oportunidade de participar nun Obradoiro de Disección de Órganos. 

Venres Marzo 15, 2019
Start: 15/03/2019 09:00

O profesorado dos módulos de Cosmetoloxía e de Técnicas Hidrotermais teñen programado para o 15 de marzo unha actividade para visitar a Fábrica de Cosméticos Iuvenor e o Balneario de Partovia durante toda a mañá (9:00 a 14:00)

Os afortunados que gozarán da actividade son os seguintes Ciclos:

1º e 2º do CS de Estética Integral e Benestar

2º de CM Estética e Beleza

Martes Marzo 26, 2019
Start: 26/03/2019 09:00

No día 26 de marzo o 2º curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar realizará durante toda a xornada unha viaxe por diferentes establecementos de Terapia Hidrotermal entre os que destacan o Talaso de Sanxenxo, o Spa Juan Carlos I, o Spa Augusta Resort e o Balneario Isla de La Toja.

O profesorado implicado na actividade: Asunción Crespo, Alberto García e Asunción Rodríguez

Start: 26/03/2019 15:08

Comezan hoxe en Madrid os Spainskills 2019. A Ministra de Educación e Formación Profesional Isabel Celaá inaugurou este martes as Olimpiadas de Formación Profesional nas que o Lamas de Abade está representado pola alumna Iria Díaz Granja no Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría e Atención Sociosanitaria.

Durante toda esta semana e ata o sábado 30 de marzo desenvolveranse as distintas competicións nas que desexamos toda a sorte do mundo para a nosa representante e o equipo que ten axudado na súa preparación e titorización.

Se queredes seguir o evento podedes pulsar neste LINK para visitar a páxina oficial e incluso poder visionar os vídeos e retransmisións en directo. Moita Sorte e que se repita o éxito do Galiciaskills!!!!. 

Mércores Marzo 27, 2019

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer