50º aniversario do IES Lama das Quendas

50º aniversario

  “En novembro de 1970 iniciáronse as actividades académicas no Instituto de Chantada, e polo tanto, cando remate o actual curso académico, o centro levará 50 anos funcionando. Ao longo destes 50 anos, o IES Lama das Quendas contribuíu a crear pontes entre o rural e o urbano, que permitiron que o noso alumnado alcanzase importantes metas tanto para o desenvolvemento persoal como social, cultural e económico da zona. Foron en torno a 4000 alumnos e alumnas os que pasaron polo centro.

Por este motivo, imos realizar ao longo do curso o que denominaremos “ENCONTROS 50 ANIVERSARIO”, nos que invitaremos a ex-alumnas e ex-alumnos que despois de abandonar o centro esforzáronse para alcanzar certas metas e obxectivos nas súas vidas persoais e profesionais, e a súas traxectorias os levaron a ser persoas de certa relevancia pública. Non se trata de que veña o alumnado cos mellores expedientes, senón persoas que un día estiveron sentadas nas aulas do centro, e agora poden servir para transmitir unha serie de valores e experiencias que nos sirvan de ensinanzas para a nosas vidas.”

 

Actividades do curso 2019-2020 polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas.