Eventos

« Venres Abril 03, 2020 »
Ven
Start: 03/04/2020 15:00

INFORMACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.

O venres 3 de abril de 2020, a partir das 15:00 horas, as cualificacións serán enviadas ás familias por abalarmóbil. Se algunha familia non ten instalada a aplicación ou ten problemas para instalala, poderá solicitar as cualificacións a través do correo electrónico da persoa titora.