Skip to Content

Francés

Versión para impresora

Departamento de Francés

Acceso al Blog del departamento de francés

 

 Salut! Ça va?

 O departamento de francés quere mandar un saúdo a todos e todas, e explicarvos que tendes a posibilidade de entrar en contacto coa cultura francesa e francófona elixindo :

 Francés Primeira Lingua Estranxeira :

Durante 3 horas semanais.

 Francés Segunda Lingua Estranxeira:

En 2 ou 3 horas segundo o nivel.

Desde o curso, 2005-06, preparamos ao alumnado de Bacharelato que así o desexe para a proba do DELF (B1).

 Desde este departamento, prográmanse actividades para descubrir esta lingua así como a súa literatura, tamén fóra do ámbito escolar, como é a asistencia a representacións de obras de teatro en francés adaptado aos distintos niveis e coñecementos do noso alumnado.

Temos participado tamén en intercambios lingüísticos con institutos franceses e varios viaxes a Francia.

Asimesmo, o estudo desta lingua estranxeira permite acceder a distintas bolsas de estudos para seguir cursos de verán en Francia. Aquí tedes dous relatos desta experiencia dunha alumna e un alumno que tiveron ocasión de pasar 3 semanas de xullo de 2005 en Nancy.

¡Animádevos a escoller outra lingua estranxeira!

 

Boas novas para o noso centro! Dos 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do nivel B1 do “Diplôme d'Études en Langue Française”, aprobaron 11.

 

Dende hai dous cursos, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesionalda Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1 é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos a todo o alumnado de Bacharelato que curse Francés o ano que vén e que aínda non teña este diploma a presentarse ás probas do nivel B1.

 

 

 Por segundo ano consecutivo, temos unha boa nova que anunciarvos: os 8 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

Dendo o curso pasado, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos a todo o alumnado de Bacharelato que curse Francés o ano que vén e que aínda non teña este diploma a presentarse ás probas do nivel B1.

 

Hoxe temos unha boa nova que anunciarvos: os 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

 

A partir deste curso que remata, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos ao alumnado de Bacharelato a presentarse ás probas o curso que vén.

Viaxe Cultural a París Abril 2006

Neste curso o departamento de francés conxuntamente  cos departamentos do IES Monte Carrasco (Cangas), IES Auga da Laxe(Gondomar) e o IES Pazo da Mercé (As Neves) está a organizar unha viaxe cultural a París co alumnado.

Sairemos o 1 de abril en autobús rumbo a París, pasaremos a primeira noite na cidade dos famosos viños tintos de  “Bordeaux”  e seguiremos camiño ó día seguinte para os castelos do Loira, donde visitaremos o “Château de Chenonceau” e o “Château de Chambord”, xoais do renacemento francés, donde pasaba a súas vacacións a corte francesa, sobre todo François Iº. Pensamos chegar esa noite, e se non estamos moi cansos iremos facer unha visita nocturna a París.

O  día seguinte temos previsto visitar a “ La Tour Eiffel”, “L´Arc de Triomphe”, “Les Invalides”, “Montmartre”, comeremos nun restaurante universitario, e pola tarde visitaremos, “Le Marais”, “La Place des Vosges”, “Le canal Saint Martin”, “République”, “La Tour Eiffel La nuit”, cearemos no Quartier Latin.

O cuarto día de viaxe pasarémola en Eurodisney, e pola noite iremos cear a zona do Beaubourg.

As 10h30 do 5 de abril temos previsto visitar o museo impresionista, Musée d´Orsay, veremos a catedral de Notre Dame,  vagaremos  polas rúas de  “l´Île de la Cité”, “Le Quartier Latin”, “Le jardin du Luxembourg”,  procuraremos coller o metro, e as 19h30 temos unha visita nocturna ao  museo “ Le Louvre”, cearemos polo barrio Latino e para rematar a xornada un paseo polo río Sena en  “bateau Mouches”.

Como vedes temos uns días ben completiños, e o último día intentaremos coñecer o París moderno, o barrio de “La Défense”; xa non nos da para máis .

Esperamos que despois desta viaxe o alumnado volva cunha chea de experiencias novas, que aínda que so son 5 días poidan coñecer unha cultura, unha fala e costumes diferentes e, sobre todo, para os rapaces/rapazas que estudian francés perfeccionar o seu nivel lingüístico, captar e contrastar o que é diferente ou semellante entre a cultura estranxeira e a súa propia .

Experiencia de Rubén

Je suis Rubén Patiño, j´ai 17 ans et je veux vous raconter mon expérience en France, concrètement à Nancy. J´ai été dans la région de La Lorraine (Nancy) pendant le mois de juillet de 2005 ; là j´ai appris beaucoup de nouvelles choses : tous les jours mes copains et moi, nous allions au Lycée Jean Moulin (là nous étudiions de la grammaire française…) et  l´après midi nous faisions des activités…et bien sûr, nous parlions beaucoup avec nos profs et entre nous (logiquement en français).
 
Pendant ce mois, j´ai été avec une famille d´acueill, la famille Miech, qui était très polie avec moi. Avec eux, j´ai appris beaucoup de nouvelles choses parce que je parlais tout le temps avec toutes les personnes de la maison.
 
Finalement, je recommande à tous les jeunes qui voyagent en France parce que c’est la seule forme d´apprendre une langue et de connaître sa culture.Tout le monde devrait faire un voyage d´études pour faire de nouveaux ami(e)s, mais surtout pour apprendre une langue déterminée ; et personne  ne doit avoir peur des familles, au contraire les Français, en général sont très hospitaliers

 
 
Rubén Patiño Freire.

Distribuir contido


by Dr. Radut