Iniciar sesión
Unha falta de ortografía fálame dos meus devanceiros
ningún sabía ler ningún sabía que Apollinaire vivira
que Rilke fora amado con furor polos anxos
e que Federico García Lorca soñara entre limoeiros á luz da alba.
Ninguén sabía ler
non
e eu ensínovos o que hai detrás deste verso
aclimatado á chuvia do voso país
á vosa borrasca milenaria
ao soño do voso armiño nove veces adormentado
e dou de min
a gota que me colma
e a ledicia de vervos ir á vida escrita con b
pero amada con furia.
Feliz Idade
Olga Novo
As notas da segunda avaliación de 1º e 2º de Bacharelato de Adultos publicaranse o martes 21 de marzo ás 10:00.
Novidades ERASMUS