Durante as vacacións de Nadal o centro atenderá calquera asunto urxente a través do mail ies.johan.carballeira@edu.xunta.gal os días 23 e 30 de decembro e7 de xaneiro.
Os días 28 e 29 de decembro, 4 e 5 de xaneiro o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 h.
Lembrámosvos que o día 8 de xaneiro non é lectivo para o noso centro.
Esta avaliación, seguindo as recomendacións do Protocolo COVID, as notas non se entregarán en papel, publicaranse unicamente no espazoAbalar e na aplicación abalarMóvil.
As notas publicaranse escalonadamente o martes 22 segundo o seguinte horario:
1º e 2º de ESO, ás 10:00
3º e 4º de ESO, ás 11:00
1º e 2º de BACH, ás 12:00
Ciclos, medios e superiores, ás 12:00
FP Básica, ás 13:00
ESA e BACH Adultos, ás 17:00
A aplicación abalarMóvil, se non se ten instalada, pódese descargar dos seguintes enlaces:
Ademais da aplicación abalarMóvil, pódense consultar as notas da avaliación a través da páxina web do espazoAbalar, identificándose como usuario Xunta ou a través da Chave365.
"Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca..."
Así comenza o texto publicado en Bibliocarballeira pola nosa compañeira Antía de 1º de Bacharelato con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Para ler o texto completo e ver máis vídeos, pincha no menú da dereita BIBLIOCARBALLEIRA
Hoxe, 25 de Novembro, día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, cubriuse de negro e lila o noso instituto para unha vez mais expresar a nosa repulsa contra o machismo.
“O machismo mata”, proclama inserida nas máscaras recibidas deste concello, espallouse por todo o centro.
O alumnado de 2º FP Básica de Pesca creou unha instalación repleta de contidos visuais relacionados coa súa especialidade (áncoras, redes, nós, polbos...), cheos da cor da igualdade. Polos corredores do centro impactaban a modo de pintadas camisetas de cartolina coas súas mensaxes reivindicativas.
Hai que sumar a participación das alumnas e alumnos de 3º ESO, coa exposición dos seus carteis, nos que denuncian o maltrato ás mulleres e animan á toda a sociedade a convivir en tolerancia.
O pasado xoves 19 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias tivo a oportunidade de participar nunha sesión de iniciación ao voo de drons da man de Nuno Troitiño.