Skip to Content

PROBAS LIBRES DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS EN GALICIA NO 2021

jlmartinez

 DATAS PARA A MATRÍCULA:

– Primeira convocatoria: Do 8 ó 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Segunda convocatoria: Do 1 ó 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin que teñan que presentar nova documentación

DATAS DOS EXAMES:

- Primeira convocatoria: 21 de maio de 2021

- Segunda convocatoria: 10 de setembro de 2021

HORARIOS DOS EXAMES:  En sesión de mañá e tarde

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

INSCRICIÓN NA PROBA:
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en algúns dos centros educativos.

PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:

As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

MATERIAS DA PROBA:
Proba de ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de:

   Matemáticas

   Bioloxía e Xeoloxía

   Física e Química

   Tecnoloxía

   Aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. 

 Proba de ámbito social, que inclúe exercicios das materias de:

   Xeografía e Historia

   Economía

   Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial

   Aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música. 

 Proba de ámbito da comunicación, que comprenderá os exercicios de: 

a) Lingua Galega e Literatura.

   Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

   Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

   Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.

   Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés). 

 RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

 

   Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2021.

   Enlace coa información disponible na web da Consellería de Educación. 

 



page | by Dr. Radut