Skip to Content

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na ESO

jlmartinez

 

O 13 de novembro publicouse no DOGA a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Pódese acceder á Orde no seguinte enlace: ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOGA do 13 de novembro).

Resumindo un pouco a Orde:

Poden ser beneficiarios desta axuda o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

 1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

 2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

·         Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (ver o artigo 3 e 4 da Orde, onde definen a renda per cápita da unidade familiar e membros computables).

·         Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

 

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

 

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. 

 

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , no centro docente, e no portal educativo http://www.edu.xunta.gal.

 

O PRAZO para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (Prazo de presentación: do 16/11/2020 ao 27/11/2020 incluidos).

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR: as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a documentación que se sinala no artigo 9 da Orde, segundo as circunstancias familiares.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL, RECLAMACIÓN E PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA:

No taboleiro de anuncios do instituto publicarase a listaxe provisional, e posteriormente definitiva das solicitudes concedidas e excluídas.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).



page | by Dr. Radut