Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2018-19

admin

ANUNCIOS

12-09-2018 Listaxe definitiva da adxudicación do fondo de libros

Listaxe definitiva.pdf

12-07-2018: Listaxe provisional de admitidos. A listaxe definitiva publicarase o 14 de setembro.

Listaxe provisional de admitidos.pdf

29-06-2018: As listaxes provisionais publicaranse o xoves 12 de xullo a páxina web e tamén se poderán consultar na conserxería do centro. O prazo de reclamación será dende o venres 13 de xullo ata o martes 17 de xullo.

Os primeiros vales de material xa poden pasar a recollerse en conserxería. Por agora só están algúns de 1º ESO, pero irán saíndo ao longo destes días.

 


 

  INFORMACIÓN XERAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño de 2018.

Poderán presentar a solicitude o pai, a nai ou o titor legal o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO.

O alumnado que repita 4º ESO, disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula para presentar a solicitude.

O alumnado que non sexa admitido na FPB e finalmente se matricule en ESO, disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula
para presentar a solicitude.

Presentarase unha soa solicitude para todos os fillos.

O impreso pódese recoller na secretaría do instituto ou descargar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A solicitude pode presentarse vía electrónica a través de:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Documentación necesaria:
★ Libro de familia.
★ Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia, se é o caso.
★ Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se é o caso.
★ Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade, se é o caso.
★ Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da
resolución xustificativa de acollemento ou certificado do centro de menores.



page | by Dr. Radut