ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

 O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

Powered by Drupal - Design by artinet