VISITAS A EXPOSICIÓNS

  VISITA á exposición "ANTICUERPOS" na FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA en VIGO

  

      

O pasado día 23 de setembro o alumnado de Plástica de 4º ESO, o de Debuxo Técnico I de 1º bacharelato e o de Deseño de 2ºbacharelato, visitamos unha curiosa exposición de obxectos deseñados polos irmáns Fernando e Humberto Campana. Sorprendeunos destes deseñadores brasileiros a capacidade de reciclar e de fusionar materiais naturais (materiais "pobres") con obxectos de factura industrial. A incrible serie de obxectos-collage que poidemos contemplar provocounos un agradable desconcerto pola súa estética e a súa cuestionable funcionalidade.

 

                                                                                                
A continuación tocounos a nós mostrar o noso lado creativo, e no taller se nos brindou a posibilidade de deseñar obxectos a partir de materiais diversos. Desta maneira, ao igual que os irmáns Campana dicían escoitar ó material que traballaban "en que me podedes converter?", nós tamén nos deixamos levar polo que nos susurraban as cousas que alí se nos ofreceron. E así, despois de aplicarlles unha pequena metamorfose, os resultados foron algúns dos que vos mostramos a continuación... a ver que vos parecen.

 

 
           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

volver á páxina principal

Powered by Drupal - Design by artinet