Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

ANPA

Estimada familia: A ANPA Fonte da Vella, organiza un ano máis e convídavos a participar nunhas Charlas dirixidas para toda a Comunidade Educativa.

 

  • Xoves 16 Marzo ás 19:00 horas

     

  • INFORMACIÓN ÚLTIMAS INVESTIGACIÓNS SOBRE A ALIMENTACIÓN.

  • COIDAR E DEXTOSIFICACIÓN DO FÍGADO.

     

Poñente: Mª José Mosquera Santé.

Especialista en Nutrición, Bióloga e exprofesora deste Centro.

 

  • Xoves 30 Marzo ás 19:30 horas

     

  • DETECCIÓN E INTERVENCIÓN NO CASO DE BULLYING

    • Como detectar por parte da comunidade educativa e/ou as familias, situacións de acoso.

    • Que é o Bullying, indicadores e instrumentos de avaliación.

    • Como actuar desde os diferentes ámbitos (profesorado, compañeiros e familia).

       

Poñente: Lara Rodríguez de las Heras.

Psicóloga Clínica, Terapeuta Familiar e Especialista en Drogodependencias. Colaboradora coa asociación Vieiro e Escola de Pais.

 

  • Xoves 06 Abril ás 19:30 horas

     

  • DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASO DE CONSUMO DE SUBSTANCIAS PSICOACTIVAS

    • Factores de risco e protección no consumo.

    • Como actuar se o meu fillo consume, pautas para familias.

       

Poñente: Lara Rodríguez de las Heras.

 

As Charlas impartiranse na Biblioteca do IES Isidro Parga Pondal.

 

O remate de cada Charla estades todos convidados a un petisco na cafetería do Centro.

 

Grazas de antemán, pola vosa participación.

 

 

Organiza: ANPA “FONTE DA VELLA

 

Coa colaboración do IES isidro Parga Pondal e a Deputación Da Coruña

 

   

A continuación, achégase un resumo e a instancia para participar Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2016/17.

Para maior información poden consultar na url http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988